Gravadora
MrBeam

INICIO
Básico

Conexión

Unha vez acesa, a gravadora (chave porterior e botón de acendido) crea a sua propia rede wifi, cando os leds están en verde, conectamos o portátil a esa rede.

Co navegador Chrome, conectarse á dirección IP da gravadora http://10.250.250.1


Inicio de sesión e arranque
Unha vez arrancada a aplicación web, hai que iniciar sesión.Na nosa, xa está iniciada.
Despois da conexión aparecen as instruccións de seguridade. Unha gravadora láser é unha máquina que pode mancar o operador se non segue as normas de seguridade. Hai que ir ata o final, ler e aceptar as condicións antes de empezar a usar a gravadora.


Posta en marcha

Unha vez aceptadas as condicións de seguridade, aparece unha pantalla incicando facer un “ciclo de homing”. Básicamente é para levar o cabezal a un sitio de referencia (“coñecido” para a máquina).
Para esto a gravadora debe de estar baleira. Na gravadora debe de estar só o material que se vai gravar. Calquera cousa coa que poda tropezar o cabezal pode torcelo e, por tanto, alterar a sua capacidade de gravado.

Colocación do material.Fotografía
O material ponse na cama de gravado. A gravadora ten unha cámara na parte superior da tapa, que fai unha foto cada certo tempo cando abrimos a tapa totalmente. Esa foto aparece no software de gravado, e nela pódese ver a posición dos distintos elementos que hai na grella de gravado. Esto é imprescindible para colocar o deseño sobre o material.


Enfoque do láser


Enfocamos o láser para maximizar a enerxía sobre o punto de corte/gravado. Para mover o cabezal, facer doble clic co rato na posición do material.
Axustamos a altura do cabezal aflóxando o tornillo que ten á súa esquerda.
Colócase a ferramenta de enfoque entre o material e o cabezal.
Unha vez axustado aprétase o tornillo e sácase a ferramenta.



Carga dos deseños


Os deseños que se van gravar pódense cargar desde arquivo, desde a librería da gravadora, ou facer un deseño sinxelo co propio software da gravadora.
Se se fixo un deseño, por exemplo en inkscape, pódese cargar premendo en “Archivo” e “subir”. Selecciónase e súbese á biblioteca de arquivos da gravadora.

Elementos a gravar
Unha vez cargados os elementos que se van gravar, apareceran na parte esquerda da aplicación. Alí poderase ver si son elementos sólidos (tales como elementos de texto ou polígonos recheos) ou liñas de gravado ou corte.
A gravadora vai seleccionar as capas de gravado e corte pola cor.
Aquí pódese facer unha primeira comprobación dos elementos que se van procesar.
Tamén permite posicionalos e reescalalos (na parte
dereita da aplicación, onde se ven sobre a foto da
zona de gravado).



Selección de material
Unha vez posicionado, prémese sobre “láser”. Non hai que preocuparse polas capas de gravado e corte, aparecerán máis tarde.
Despois aparecerá a pantalla para seleccionar material. Si non hai o que se quere usar, seleccionar o máis parecido (é posible engadir materiais á biblioteca).


Material e capas de gravado

Na seguinte pantalla poderán axustarse os parámetros do material (indicando o grosor, etc.). Con algúns non deixa cortar. Pódense intentar cortar cambiando de material e axustando a man os parámetros para que corte (o máis probable é non ter éxito).Para crear uha nova capa, pinchar na icona da cor e levala a outra zona.As capas gravaranse por orde. Ollo con poñer as capas de corte exterior de últimas. E as de gravado ó
principio.



Parámetros de gravado
Unha vez seleccionadas as capas poderanse axustar a man os parámetros de gravado e corte. Hai unha versión básica e unha avanzada. Poñendo e mantendo o cursor do rato por riba do parámetro aparece unha axuda explicando o que é.
A gravadora é unha ferramenta que pode incendiar o material. Ante a dúbida, mellor empezar por pouca potencia e ir subindo.


Empezar o gravado
Unha vez axustados os parámetros, prémese en “empezar” .A máquina procesa a imaxe, e pide que se prema o botón de inicio para empezar o traballo.Por seguridade, a tapa da gravadora ten que estar pechada (o láser queima e a zona na que ataca o material dana a vista).



Proceso de gravado
A gravadora irá procesando as capas por orden. E posible que deixe cousas sen facer para logo volver atrás a facelas. Para evitar danar o material por calor sáltase elementos que están xuntos e volve despois a facelos.
NON SE DEBE MIRAR PARA A ZONA DE GRAVADO (Inda que a tapa da
gravadora é un elemento protector).



Fin do gravado
Unha vez rematado o traballo, aparecerá unha ventana indicativa de que se está procesando o aire da cámara de gravado. Este aire ten que ser filtrado polo sistema de purificación de aire antes de abrir a tapa, xa que pode ser tóxico.
Hai que ter en conta que esta é unha gravadora para uso en interiores e o aire íiltrase, non ten saída ó exterior.


Documentación

Na zona superior dereita da aplicación hai un menú no que si se pulsa da acceso ós axustes e a documentación da máquina.
O manual de instruccións e a guía de acceso rápido ven na propia aplicación da máquina.
